100x100 raza autoctona porcina 01O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente autorizou, mediante Resolución da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios, o uso do logotipo «100% Raza Autóctona» á Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL). Trátase da primeira raza da especie porcina que se adhire ao uso deste logotipo para revalorizar os seus produtos.


Catalogada en perigo de extinción, o seu sistema de cría é fundamentalmente en extensivo ou semi-extensivo aproveitando os recursos naturais e contribuíndo ao mantemento da biomasa vexetal. Conta cun total de 3.620 animais e 304 gandarías distribuídos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A calidade da carne que se obtén dos animais desta raza presenta unhas características moi favorables, tanto para o seu consumo en fresco como para a preparación de produtos cárnicos. Co logotipo «raza autóctona» na etiquetaxe de produtos procedentes do Porco Celta recoñécese o valor engadido que tradicionalmente caracteriza aos mesmos.

ASOPORCEL é a entidade actualmente recoñecida pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia para a xestión do Libro Xenealóxico da raza porcina celta. Foi a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentares a autoridade encargada da aprobación do prego de condicións, para a utilización do logotipo raza autóctona na carne e produtos cárnicos procedente desta raza.

Máis información.