Comeza a cuadraxésima Semana Verde de Galicia en Silleda

Dominguez SemanaV16 01Desde o xoves 8 ata o domingo 11 de xuño, Domínguez participará de novo no Salón da Alimentación do Atlántico, Salimat 2017, inserido na celebración da Semana Verde de Galicia que Silleda acolle desde hai corenta anos.

Domínguez mostrará e fará degustacións dos seus produtos de Porco Landrán, marca rexistrada baixo a que comercializa a carne da raza autóctona recoñecida como porco celta.

Os produtos de Porco Landrán son froito da recuperación dun patrimonio xenético, gastronómico e cultural de gran valor. E tamén dun xeito de crianza en liberdade propio de Galicia. A xenética dos nosos porcos landráns vai asociada a ese xeito de crianza e tamén aos bosques atlánticos.

Pola súa parte, a Semana Verde de Galicia é a maior feira de mostras e de lecer do noroeste e cumpre nesta edición catro décadas como espazo de referencia para innumerables sectores e empresas polo seu gran valor como ferramenta comercial na que o público ten acceso a numerosas e interesantes actividades.

Como chegar á Semana Verde de Silleda.