Porco Landrán súmase ao movemento Slow Food

logo porco landran OK granate circuloPSlow Food Compostela circuloorco Landrán súmase ao movemento ecogastronómico Slow Food, unha corrente sociocultural de carácter global que nace en Bra, Italia, en 1980 como resposta ao estilo de vida das sociedades desenvolvidas ao abeiro da civilización industrial, un xeito de vivir caracterizado por un ritmo trepidante e unha compulsión ao consumo.

As máquinas convertéronse no modelo de vida de millóns de persoas e encadeáronas a unha fast life (vida rápida) que define e condiciona os seus hábitos. Desta fast live deriva a fast food (comida rápida), o que se traduce nunha nutrición baseada en menús feitos con présa e cuns ingredientes que moitas veces se producen en sitios moi afastados do lugar no que se consumen.

A Slow Food (comida lenta) reclama un xeito de vivir baseado na tranquilidade que proporciona o pracer material, pero visto cun dobre enfoque: calidade e proximidade. O primeiro de todo é abandonar esa idea que asocia eficiencia e frenesí para darlle preponderancia ao goce tranquilo e prolongado.
slow food next door 02
A outra idea forza do Slow Food é rexeitar a homoxeneidade simplificadora da comida rápida para reivindicar os recendos, sabores, texturas… é dicir, a riqueza aromática e colorista das gastronomías locais.

A Slow Food significa, polo tanto, unha resposta de vangarda aos perigos dunha cultura industrial globalizada que prexudica as economías locais e tamén o medio ambiente de cada vez máis lugares do planeta.

O Porco Landrán encaixa de maneira exemplar nesta filosofía slow, pois é unha raza porcina que se recupera in extremis da extinción provocada pola industrialización agroalimentaria que primou outras variedades máis «produtivas». Por outra parte, son animais criados en pequenas explotacións locais que tentan ademais recuperar un medio rural tradicional afastado da vertixe industrial.
slow food next door 72ppp