Menú

Porco Landrán® é unha marca rexistrada de produtos elaborados con carne de porco celta certificada. O porco celta é unha raza que ata os anos 50 do século XX era a habitual nas casas labregas de Galicia, pero foi desaparecendo sen pausa ata hoxe, polo que se atopa en vías de extinción. Teñen unha anatomía moi singular: son longos, coa cabeza moi grande con orellas que lles chegan a tapar os ollos. Son tamén altos e grandes andadores. Outra característica é que teñen un crecemento máis lento que outras razas. As súas singularidades anatómicas e os hábitos de vida fan que a súa carne sexa moi prezada na cociña tradicional galega, tanto en fresco como para a elaboración de embutidos e xamóns, pois achegan graxa de moi boa calidade.

 

porco celta pastoreo 01

 

A carne e os produtos de porco celta fóronse facendo cunha posición de prestixio ata acadar un nivel moi próximo ao do porco ibérico. As súas tres variedades, a santiaguesa, a barcina e mais a carballina, achegan hoxe en día unha produción cárnica limitada, pero moi prezada no segmento consumidor máis esixente. Grazas a un arduo labor de recuperación, liderado por Asoporcel, conseguiuse que a cabana desta variedade porcina se fose recuperando, malia que aínda se atopa entre as razas en declive.

 

porco celta pastoreo 02

 

A denominación popular de porco landrán ten que ver con outra das súas características peculiares: os hábitos alimentarios e de vida. Esta raza é consumidora de landras (bellotas en castelán), igual que o seu parente ibérico. Precisamente, a calidade dos produtos elaborados coa carne destes porcos tamén radica no modelo de explotación e na alimentación.

 

porco celta bosque

 

O porco celta críase en réxime aberto e aliméntase nos bosques atlánticos galegos, principalmente de landras, castañas, raíces e outros vexetais e seres vivos. Nas tempadas nas que a provisión natural de alimento non cobre as necesidades alimentarias, a dieta dos animais compleméntase con outros produtos naturais como verduras, cereais, patacas… O resultado é un produto de calidade extraordinaria, tanto polo sabor como polo elevado contido de  ácidos graxos insaturados, recoñecidos polos seus efectos beneficiosos para a saúde humana.

Este modelo de crianza tamén contribúe a fixar poboación no territorio e a un coidado especial dos nosas fragas vellas, pois estes animais fan un labor de limpeza do noso sotobosque que contribúe á conservación e extensión dos bosques atlánticos de Galicia.

© Fotografías Dseña.com

Save
Cookies user prefences
We use cookies to ensure you to get the best experience on our website. If you decline the use of cookies, this website may not function as expected.
Accept all
Decline all
Read more
Estadísticas
Registran identificaciones que se utilizan para generar datos estadísticos acerca de cómo utilizan los visitantes el sitio web.
Google Analytics
Diversas caducidades, de dos años a 1 día.
Accept
Decline
Necesarias
Se emplean para gestionar las llamadas del servidor a los sistemas de backend del sitio web.
Joomla - webserver
Caducidad: 1 sesión
Accept
Decline