Xenuino porco celta

Os produtos que Domínguez elabora con porco celta constitúen a recuperación dun patrimonio xenético, gastronómico e cultural de gran valor. O porco celta estivo a piques de desaparecer a partir dos anos 70 do século XX, e con el tamén un xeito de crianza en liberdade propio de Galicia. A xenética dos nosos porcos landráns é indisociable dese xeito de crianza, e tamén dos bosques atlánticos desta terra que lles proporcionan os alimentos (landras, castañas, herbas, cogomelos, bagas, invertebrados...) e que os converten nun referente da nosa memoria colectiva. Por todo isto, a calidade dos ácidos graxos da carne do porco landrán non só é compatible con dietas cardiosaudables, senón que ademais o seu consumo equilibrado é moi recomendable.

...

Utilizamos cookies para mejorar tu experiencia de navegación. Si continuas navegando entendemos que las aceptas. Ver política