Comeza a cuadraxésima Semana Verde de Galicia en Silleda
Domínguez mostrará e fará degustacións dos seus produtos de Porco Landrán, marca rexistrada baixo a que comercializa a carne da raza autóctona recoñecida como porco celta.
Os produtos de Porco Landrán son froito da recuperación dun patrimonio xenético, gastronómico e cultural de gran valor. E tamén dun xeito de crianza en liberdade propio de Galicia. A xenética dos nosos porcos landráns vai asociada a ese xeito de crianza e tamén aos bosques atlánticos.
Pola súa parte, a Semana Verde de Galicia é a maior feira de mostras e de lecer do noroeste e cumpre nesta edición catro décadas como espazo de referencia para innumerables sectores e empresas polo seu gran valor como ferramenta comercial na que o público ten acceso a numerosas e interesantes actividades.